Aviso importante:

Este documento é unha tradución ao galego da recomendación de W3C "HTML 4.01 Specification", publicada o 24 de decembro de 1999.

Esta tradución foi publicada o 3 de marzo de 2002

O URI deste documento é http://galizaweb.net/html4

O URI da recomendación orixinal, en inglés, é http://www.w3.org/TR/1999/REC-html401-19991224

O URI da recomendación máis recente, en inglés, é  http://www.w3.org/TR/html401

A única versión normativa desta recomendación é a versión orixinal en inglés que se acha no sítio mencionado do W3C.

Consulte-se o Aviso de copyright no final deste documento.

A tradución deste documento foi feita por Xosé Calvo . Haberá, sen dúvida, erros de tradución, mais dado o carácter informativo e non normativo do presente documento, calquer inconsisténcia ou ambigüidade deberán ser resoltas mediante a consulta do documento orixinal en inglés.


W3C

Especificación HTML 4.01

Recomendación do W3C - 24 de Decembro de 1999

Esta versión:
http://www.w3.org/TR/1999/REC-html401-19991224
(texto sen formato[794Kb] , arquivo comprimido (tar-gunzip) de ficheiros HTML [371Kb] , arquivo .zip archive de ficheiros HTML [405Kb] , arquivo comprimido (tar-gunzip) de ficheiro Postscript [746Kb, 389 páxinas] , arquivo comprimido (tar-gunzip) de ficheiro PDF [963Kb] )
Última versión da HTML 4.01:
http://www.w3.org/TR/html401
Última versión da HTML 4:
http://www.w3.org/TR/html4
Última versión da HTML:
http://www.w3.org/TR/html
Versión anterior da HTML 4.01:
http://www.w3.org/TR/1999/PR-html40-19990824
Recomendación HTML 4 Anterior:
http://www.w3.org/TR/1998/REC-html40-19980424
Editores:
Dave Raggett <dsr@w3.org >
Arnaud Le Hors, W3C
Ian Jacobs, W3C

Resumo

Esta especificación define a Linguaxe de Etiquetaxe de HiperTexto (HyperText Markup Language - HTML), a linguaxe de publicación da Rede Mundial - World Wide Web. Esta especificación define HTML 4.01, que é unha sub-versión de HTML 4. Ademáis dos rasgos de texto, multimédia e hipervínculos das versións anteriores da HTML (HTML 3.2 [HTML32] e HTML 2.0 [RFC1866] ), a HTML 4 permite máis opcións de multimédia, linguaxes de script, follas de estilo, mellores capacidades de impresión e documentos que son máis acesíbeis para usuários con discapacidades. A HTML 4 avanza en boa medida cara a internacionalización dos documentos, tencionando facer a Rede realmente Mundial.

A HTML 4 é unha aplicación SGML conforme co Padrón Internacional ISO 8879 -- Linguaxe Padrón de Etiquetaxe Xeralizada - Standard Generalized Markup Language [ISO8879] .

Situación deste documento

Esta sección descrebe o status deste documento no momento da sua publicación. Este documento pode ser ultrapasado por outros. O status último desta série de documentos manten-se no W3C.

Este documento especifica HTML 4.01, que é parte da liña de especificacións HTML 4. A primeira versión da HTML 4 foi HTML 4.0 [HTML40] , publicada o 18 de decembro de 1997 e revisada o 24 de abril de 1988. Esta especificación é a primeira Recomendación de HTML 4.01. Inclue alteracións non editoriais desde a versión de 24 de abril da HTML 4.0 . Houbo, por exemplo, mudanzas nas DTDs. Este documento fai obsoletas as versións anteriores de HTML 4.0, ainda que o W3C continuirá a facilitar estas especificacións e as suas DTDs no síto web do W3C.

Este documento foi revisado por Membros do W3C e outros grupos interesados e foi aprobado polo director como Recomendación do W3C. É un documento estábel e pode-se usar como material de referéncia ou citar-se como referéncia normativa desde outro documento. O papel do W3C ao facer a Recomendación é chamar a atención cara a especificación e promover a sua difusión xeralizada. Isto mellora a funcionalidade e interoperatividade da Web.

O W3C recomenda que tanto os axentes de usuário como os autores (e, en particular, as ferramentas de creación), produzan documentos HTML 4.01 no canto de documentos HTML 4.0. O W3C recomenda que os autores produzan documentos HTML 4 mellor que documentos HTML 3.2. Por razóns de compatibilidade para trás, o W3C recomenda asi mesmo que as ferramentas que interpreten HTML 4 continuen a aceitar tamén HTML 3.2 e HTML 2.0.

Para información sobre a seguinte xeración de HTML, "A Linguaxe de Etiquetaxe de HiperTexto Extensíbel" ("The Extensible HyperText Markup Language" [XHTML] ), consulte a Actividade do W3C en HTML e a lista de Informes técnicos do W3C .

Este documento foi producido como parte da Actividade do W3C en HTML . Os obxectivos do Grupo de traballo en HTML ( Só para membros ) tratan-se no Estatuto do grupo de traballo en HTML ( Só para membros ).

Pode-se achar unha lista de Recomendacións actuais do W3C, asi como outros documentos técnicos, en http://www.w3.org/TR .

A discusión pública sobre as características da HTML ten lugar en www-html@w3.org (arquivos do www-html@w3.org ).

Idiomas disponíbeis

A versión en inglés desta especificación é a única versión normativa. Porén, para traducións deste documento vexa-se .

Errata

A lista de erros coñecidos desta especificación está disponíbel en:
http://www.w3.org/MarkUp/html4-updates/errata

Comunique os erros deste documento (na sua versión inglesa) en www-html-editor@w3.org .

[Comunique os erros na tradución deste documento para galego ao seu tradutor en html@galizaweb.net .]

Índice abreviado

  1. Sobre a especificación HTML 4
  2. Introdución à HTML 4
  3. Sobre a SGML e a HTML
  4. Conformidade: requisitos e recomendacións
  5. Representación de documentos HTML - Conxuntos de caracteres, codificacións de caracteres e entidades
  6. Tipos de dados HTML básicos - Dados de caracteres, cores, lonxitudes, URI, tipos de conteúdos, etc.
  7. A estrutura global dun documento HTML - O cabezallo (HEAD) e o corpo (BODY) dun documento
  8. Información sobre o idioma e a dirección do texto - Consideracións internacionais sobre o texto
  9. Texto - Parágrafos, liñas e frases
  10. Listas - Sen ordenar, ordenadas e listas de definicións
  11. Tabelas
  12. Vínculos - Vínculos de hipertexto e independentes do médio
  13. Obxectos, imaxes, e applets
  14. Follas de estilo - Engadir-lles estilo aos documentos HTML
  15. Aliñamento, estilos de letra e réguas
  16. Molduras - Apresentación dos documentos en vista múltiple
  17. Formulários - Formulários para entrada de dados polo usuário: Campos de texto, botóns, menus e máis
  18. Scripts - Documentos animados e formulários intelixentes
  19. Información de referéncia SGML para HTML - Definición formal de HTML e validación
  20. Declaración SGML de HTML 4
  21. Definición de tipo de documento (DTD)
  22. Definición de tipo de documento transicional (TDTD)
  23. Definición de tipo de documento con molduras (FDTD)
  24. Referéncias a caracteres-entidade en HTML 4
  1. Mudanzas
  2. Rendimento, implementación, e notas sobre o deseño

Índice completo

  1. Sobre a especificación HTML 4
    1. Como se organiza a especificaión
    2. Convencións usadas
      1. Elementos e atributos
      2. Notas e examplos
    3. Agradecimentos
      1. Agradecimentos pola versión actual
    4. Adverténcia sobre o copyright
  2. Introdución à HTML 4
    1. Que é a World Wide Web?
      1. Introdución aos URI
      2. Identificadores de fragmentos
      3. URI relativos
    2. Que é a HTML?
      1. Breve história da HTML
    3. HTML 4
      1. Internacionalización
      2. Acesibilidade
      3. Tabelas
      4. Documentos compostos
      5. Follas de estilo
      6. Scripts
      7. Impresión
    4. Creación de documentos con HTML 4
      1. Estrutura e apresentación separadas
      2. Considerar a acesibilidade universal à Web
      3. Axudar aos axentes de usuário con representación incremental
  3. Sobre a SGML e a HTML
    1. Introdución à SGML
    2. Construtos SGML usados en HTML
      1. Elementos
      2. Atributos
      3. Referéncias de caracteres
      4. Comentários
    3. Como ler a DTD da HTML
      1. Comentários DTD
      2. Definicións de entidades paramétricas
      3. Declaracións de elementos
      4. Declaracións de atributos
  4. Conformidade: requisitos e recomendacións
    1. Definicións
    2. SGML
    3. O tipo de conteúdo text/html
  5. Representación de documentos HTML - Conxuntos de caracteres, codificacións de caracteres e entidades
    1. O conxunto de caracteres do documento
    2. Codificacións de caracteres
      1. Escoller unha codificación
      2. Especificar a codificación de caracteres
    3. Referéncias a caracteres
      1. Referéncias numéricas a caracteres
      2. Referéncias a entidades-carácter
    4. Caracteres non representábeis
  6. Tipos de dados HTML básicos - Dados de caracteres, cores, lonxitudes, URI, tipos de conteúdos, etc.
    1. Información sobre maiúsculas e minúsculas
    2. Tipos básicos da SGML
    3. Cadeas de texto
    4. URI
    5. Cores
      1. Notas sobre o uso das cores
    6. Lonxitudes
    7. Tipos de conteúdos (tipos MIME)
    8. Códigos de idioma
    9. Codificacións de caracteres
    10. Caracteres individuais
    11. Datas e horas
    12. Tipos de vínculos
    13. Descriptores de médios
    14. Dados de scripts
    15. Dados de follas de estilo
    16. Nomes de molduras destino
  7. A estrutura global dun documento HTML - O cabezallo (HEAD) e o corpo (BODY) dun documento
    1. Introdución à estrutura dun documento HTML
    2. Información sobre a versión de HTML
    3. O elemento HTML
    4. O cabezallo do documento
      1. O elemento HEAD
      2. O elemento TITLE
      3. O atributo title
      4. Dados META
    5. O corpo do documento
      1. O elemento BODY
      2. Identificadores de elementos: os atributos id e class
      3. Elementos ao nível de bloco e ao nível da liña
      4. Agrupamento de elementos: os elementos DIV e SPAN
      5. Cabezallos: os elementos H1 , H2, H3, H4, H5, H6
      6. O elemento ADDRESS
  8. Información sobre o idioma e a dirección do texto - Consideracións internacionais sobre o texto
    1. Especificación do idioma dos conteúdos: o atributo lang
      1. Códigos de idioma
      2. Herdanza dos códigos de idioma
      3. Interpretación dos códigos de idioma
    2. Indicación sobre a dirección do texto e as tabelas: o atributo dir
      1. Introdución ao algoritmo bidireccional
      2. Herdanza da información sobre a dirección do texto
      3. Indicación da dirección do texto embebido
      4. Anulación do algoritmo bidireccional: o elemento BDO
      5. Referéncias a caracteres para o control da direccionalidade e a ligazón
      6. Efecto das follas de estilo sobre a bidireccionalidade
  9. Texto - Parágrafos, liñas e frases
    1. Espazo en branco
    2. Texto estruturado
      1. Elementos de frase : EM , STRONG, DFN, CODE , SAMP, KBD , VAR, CITE , ABBR, e ACRONYM
      2. Citacións: Os elementos BLOCKQUOTE e Q
      3. Subíndices e superíndices: os elementos SUB e SUP
    3. Liñas e parágrafos
      1. Parágrafos: o elemento: P
      2. Control dos saltos de liña
      3. Divisón de palabras
      4. Texto pré-formatado: O elemento PRE
      5. Representación visual dos parágrafos
    4. Anotación das alternacións no documento: os elementos INS e DEL
  10. Listas - Sen ordenar, ordenadas e listas de deficións
    1. Introducción às listas
    2. Listas sen orde (UL), listas ordenadas (OL ), e elementos dunha lista (LI)
    3. Listas de definicións: os elementos DL, DT, e DD
      1. Representación visual das listas
    4. Os elementos DIR e MENU
  11. Tabelas
    1. Introdución às tabelas
    2. Elementos de construción das tabelas
      1. O elemento TABLE
      2. Títulos de tabelas: O elemento CAPTION
      3. Grupos de filas: os elementos THEAD , TFOOT, e TBODY
      4. Grupos de colunas: os elementos COLGROUP e COL
      5. Filas das tabelas: o elemento TR
      6. Celas das tabelas: os elementos TH e TD
    3. Formato de tabelas para axentes de usuário
      1. Bordes e regras
      2. Aliñamento horizontal e vertical
      3. Marxes das celas
    4. Representación das tabelas por axentes de usuário non visuais
      1. Asociación da información do cabezallo coas celas de dados
      2. Categorización das celas
      3. Algoritmo para procurar información de cabezallo
    5. Exemplo de tabela
  12. Vínculos - Vínculos de hipertexto e independentes do meio
    1. Introdución a vínculos e áncoras
      1. Visita a un recurso vinculado
      2. Outras relacións de vínculo
      3. Especificación de áncoras e vínculos
      4. Títulos de vínculos
      5. Internacionalización e vínculos
    2. O elemento A
      1. Sintaxe dos nomes de áncoras
      2. Os vínculos aniñados son ilegais
      3. Áncoras co atributo id
      4. Recursos non disponíbeis ou non identificábeis
    3. Relacións entre documentos: o elemento LINK
      1. Vínculos directos e inversos
      2. Vínculos e follas de estilo externas
      3. Vínculos e motores de pesquisa
    4. Información sobre a localización: o elemento BASE
      1. Resolución de URI relativos
  13. Obxectos, imaxes, e applets
    1. Introdución aos obxectos, as imaxes e os applets
    2. Inclusión dunha imaxe: o elemento IMG
    3. Inclusión xenérica: o elemento OBJECT
      1. Regras para a representación de obxectos
      2. Inicialización de obxectos: o elemento PARAM
      3. Esquemas globais de nomes para obxectos
      4. Declaracións e creacións de obxectos
    4. Inclusión dun applet: o elemento APPLET
    5. Notas sobre documentos embebidos
    6. Mapas de imaxes
      1. Mapas de imaxes do lado do cliente: os elementos MAP e AREA
      2. Mapas de imaxes do lado do servidor
    7. Representación visual das imaxes, os obxectos e os applets
      1. Ancho e alto
      2. Espazo en branco arredor das imaxes e os obxectos
      3. Bordes
      4. Aliñamento
    8. Como se especifica un texto alternativo
  14. Follas de estilo - Engadir-lles estilo aos documentos HTML
    1. Introdución às follas de estilo
    2. Engadindo-lle estilo à HTML
      1. Indicación da linguaxe de follas de estilo por omisión
      2. Información de estilo na liña
      3. Información de estilo no cabezallo: o elemento STYLE
      4. Tipos de médios
    3. Follas de estilo externas
      1. Follas de estilo preferidas e alternativas
      2. Especificación de follas de estilo externas
    4. Follas de estilo en cascada
      1. Cascadas que dependen do médio
      2. Herdanza e cascadas
    5. Ocultación dos dados de estilo dos axentes de usuário
    6. Vinculación às follas de estilo con cabezallos HTTP
  15. Aliñamento, estilos de letra e liñas horizontais
    1. Formato
      1. Cor de fondo
      2. Aliñamento
      3. Obxectos flutuantes
    2. Tipos de letra
      1. Elementos do estilo de tipo de letra: os elementos TT, I, B, BIG, SMALL, STRIKE, S , e U
      2. Elementos modificadores do tipo de letra: FONT e BASEFONT
    3. Liñas horizontais: o elemento HR
  16. Molduras - Apresentación dos documentos en vista múltiple
    1. Introdución às molduras
    2. Disposición das molduras
      1. O elemento FRAMESET
      2. O elemento FRAME
    3. Especificación da información da moldura de destino
      1. Indicación do destino por omisión dos vínculos
      2. Semántica do destino
    4. Conteúdos alternos
      1. O elemento NOFRAMES
      2. Descricións longas das molduras
    5. Molduras na liña: o elemento IFRAME
  17. Formulários - Formulários para entrada de dados polo usuário: Campos de texto, botóns, menus e máis
    1. Introdución aos formulários
    2. Contróis
      1. Tipos de control
    3. O elemento FORM
    4. O elemento INPUT
      1. Tipos de contróis creados con INPUT
      2. Examplos de formulários que incluen contróis INPUT
    5. O elemento BUTTON
    6. Os elementos SELECT , OPTGROUP, e OPTION
      1. Opcións pré-seleccionadas
    7. O elemento TEXTAREA
    8. O elemento ISINDEX
    9. Labels
      1. O elemento LABEL
    10. Dar-lle estrutura aos formulários: os elementos FIELDSET e LEGEND
    11. Dar-lle focaxe a un elemento
      1. Deslocamento mediante o tabulador
      2. Teclas de aceso
    12. Contróis desabilitados e só de leitura
      1. Contróis desabilitados
      2. Contróis só de leitura
    13. Envio de formulários
      1. Método para o envio de formulários
      2. Contróis exitosos
      3. Procesamento dos dados dun formulário
      4. Tipos de conteúdos do formulário
  18. Scripts - Documentos animados e formulários intelixentes
    1. Introdución aos scripts
    2. Deseño de documentos para os axentes de usuário que aceiten scripts
      1. O elemento SCRIPT
      2. Especificación da linguaxe de script
      3. Eventos intrínsecos
      4. Modificación dinámica dos documentos
    3. Deseño de documentos para axentes de usuário que non aceitan scripts
      1. O elemento NOSCRIPT
      2. Ocultación de dados de script dos axentes de usuário
  19. Información de referéncia SGML para HTML - Definición formal de HTML e validación
    1. Validación da documentación
    2. Catálogo SGML de exemplo
  20. Declaración SGML de HTML 4
    1. Declaración SGML
  21. Definición de tipo de documento (DTD)
  22. Definición de tipo de documento transicional (TDTD)
  23. Definición de tipo de documento con molduras (FDTD)
  24. Referéncias a entidades-carácter en HTML 4
    1. Introdución às referéncias a entidades-carácter
    2. Referéncias a entidades-carácter para os caracteres do ISO 8859-1
      1. A lista de caracteres
    3. Referéncias a entidades-carácter para símbolos, símbolos matemáticos e letras gregas
      1. A lista de caracteres
    4. Referéncias a entidades-carácter para caracteres con significado no código e caracteres de internacionalización
      1. A lista de caracteres
  1. Mudanzas
    1. Mudanzas entre as versións de HTML 4.0 do 24 de abril e a de HTML 4.1 do 24 de decembro de 1999
      1. Alternacións na especificación
      2. Erros corrixidos
      3. Grallas tipográficas menores corrixidas
      4. Clarificacións
      5. Problemas coñecidos dos navegadores
    2. Mudanzas entre as versións do 18 de decembro de 1997 e a de 24 de abril de 1998
      1. Erros corrixidos
      2. Grallas tipográficas menores corrixidas
    3. Mudanzas entre HTML 3.2 e HTML 4.0 (18 de decembro de 1997)
      1. Alteracións nos elementos
      2. Alteracións nos atributos
      3. Alteracións na acesibilidade
      4. Alteracións nos dados META
      5. Alteracións no texto
      6. Alteracións nos vínculos
      7. Alternacións nas tabelas
      8. Alteracións nas imaxes, obxectos e mapas de imaxes
      9. Alteracións nos formulários
      10. Alteracións nas follas de estilo
      11. Alteracións nas molduras
      12. Alteracións nos scripts
      13. Alteracións na internacionalización
  2. Notas sobre o rendimento, a implementación e o deseño
    1. Notas sobre documentos non válidos
    2. Caracteres especiais en valores de atributos URI
      1. Caracteres non ASCII en valores de atributos URI
      2. O signo "&" en valores de atributos URI
    3. Notas sobre a implementación da SGML
      1. Saltos de liña
      2. Especificación dos dados que non son HTML
      3. Características da SGML que non receben moito apoio
      4. Atributos booleanos
      5. Seccións marcadas
      6. Instrucións de procesamento
      7. Código de etiquetaxe abreviado
    4. Notas sobre como axudar aos motores de pesquisa para que cren un índice do seu síto web
      1. Robots de pesquisa
    5. Notas sobre as tabelas
      1. Critérios de deseño
      2. Algoritmos de composición recomendados
    6. Notas sobre os formulários
      1. Representación incremental
      2. Proxectos futuros
    7. Notas sobre os scripts
      1. Sintaxe reservada para macros de script futuros
    8. Notas sobre as molduras
    9. Notas sobre a acesibilidade
    10. Notas sobre a seguranza
      1. Cuestións de seguranza para os formulários

AVISO DE COPYRIGHT

Copyright © 1994-2001 World Wide Web Consortium , (Massachusetts Institute of Technology , Institut National de Recherche en Informatique et en Automatique , Keio University ). Todos os direitos reservados. http://www.w3.org/Consortium/Legal/

Os titulares do copyright proporcionan os documentos públicos que se achan no sítio web do W3C dacordo coa seguinte licenza. O software e as Definicións de tipo de documento (Document Type Definitions, DTDs) asociadas coas especificacións do W3C están governadas polo aviso de copyright de Software .

Polo uso e/ou cópia deste documento, vostede (o beneficiário da licenza do copyright) concorda en que a leu, entendeu e que respeitará os seguintes termos e condicións:

Concede-se permisión para usar, copiar e distribuir os conteúdos deste documento en calquer médio e para calquer propósito sen necesidade do pagamento de fianzas nen royalties, sempre e cando se inclua a seguinte información en TODAS as cópias deste documento, ou partes do mesmo, que vostede utilice:

  1. Un vínculo ou URL ao documento orixinal do W3C.
  2. O aviso de copyright pré-existente do autor orixinal; caso de non existir este, deberia-se utilizar un aviso da forma seguinte: "Copyright © [$data-do-documento] World Wide Web Consortium , (Massachusetts Institute of Technology , Institut National de Recherche en Informatique et en Automatique , Keio University ). All Rights Reserved. http://www.w3.org/Consortium/Legal" (Preferibelmente en hipertexto, mais permite-se unha representación en texto simples.)
  3. Se existe, o STATUS ou SITUACIÓN do documento W3C.

Cando o espazo o permita, deberia-se incluir unha cópia do texto completo deste AVISO . Instamos-lle a que mencione os autores en calquer programa, documento ou outro artigo ou produto que vostede cré como consecuéncia da implementación dos conteúdos deste documento ou de calquer parte do mesmo.

Esta licenza non concede permisión para crear modificacións ou documentos derivados de documentos do W3C. Porén, caso de se satisfaceren condicións adicionais (documentadas nas Perguntas frecuentes sobre o Copyright ), o W3C pode conceder permisión para crear modificacións ou documentos derivados aos indivíduos que satisfagan os devanditos requisitos.

ESTE DOCUMENTO OFERECE-SE "TAL E COMO ESTÁ". OS PROPRIETÁRIOS DO COPYRIGHT NON DAN GARANTIAS NEN REPRESENTACIÓNS DE NENGUN TIPO, EXPRESAS OU IMPLÍCITAS, INCLUINDO, AINDA QUE SEN SE LIMITAR A, AS GARANTIAS DE COMERCIALIZACIÓN, ADECUACIÓN A UN PROPÓSITO ESPECIFICO, OU TÍTULO; QUE OS CONTEÚDOS DO DOCUMENTO SEXAN APROPRIADOS PARA CALQUER PROPÓSITO; NEN QUE A IMPLEMENTACIÓN DE TAIS CONTEÚDOS NON INFRINXIRÁ AS PATENTES, DIREITOS DE AUTOR, MARCAS REXISTADAS OU COMERCIAIS OU OUTROS DIREITOS DE TERCEIRAS PERSOAS.

OS PROPRIETÁRIOS DO COPYRIGHT NON SERÁN RESPONSÁBEIS DE NENGUN DANO DIRECTO, INDIRECTO, ESPECIAL OU CONSECUENTE DEBIDO A CALQUER USO DO DOCUMENTO OU DO FUNCIONAMENTO OU IMPLEMENTACIÓN DOS CONTEÚDOS DO MESMO.

O nome e marcas rexistradas dos proprietários do copyright NON poden utilizar-se en anúncios ou publicidade relativos a este documento ou aos seus conteúdos sen unha permisión prévia por escrito. Os direitos de autor deste documento pertencerán en todo o momento aos proprietários do copyright.