A história da Galiza

Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez

À páxina inicial



A indoeuropeización do cuadrante norocidental da Península Ibérica durante o Bronce foi continuada por elementos se cadra célticos durante a Idade do Ferro, a partir do século VI a.C. Aparece asi a cultura castrexa, caracterizada polos castros ou citánias, povoados fortificados sen a penas urbanismo. Esta área cultural ten o seu limite oriental no Návia e o Berzo e o meridional no Douro. Non se deu en nengun momento un proceso de construción de entidades de tipo estatal, xa que se trataba dunha sociedade de tipo xentilício. Da lenta fusión por aculturación entre os mundos castrexo e provincial romano surxe a cultura galaico-romana.

As principais fontes que descreben este território durante o primeiro milénio son Estrabón, Plínio e Ptolomeu. Romanos e galaicos entraron en contacto con motivo da expedición punitiva de Decimus Iunius Brutus en 137 a.C., como un episódio das Guerras Lusitanas. Máis determinante foi a intervención de Augusto durante as suas Guerras Cántabras, momento no que se acentua a romanización. O território pertenceu pimeiro à província de Lusitánia, logo à Tarraconensis e finalmente constituiu-se a Gallaecia, xa no século III. Esta dividiu-se en tres conventos (demarcacións) xurídicos: bracarense, lucense e asturicense. O latin foi substituindo as línguas anteriores nun proceso que remataria provabelmente no século III d.C.

Os meios de subsisténcia continuáron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da villa romana, residéncia rural de luxo e explotación agrícola a un tempo, que se expanderia a partir do século III; doutra, o aproveitamento de minas, en especial de ouro, que decaeria no século II. Nas minas haberia escravos, mais as villae serian atendidas por colonos. A estrutura social castrexa perviviria longo tempo en forma de aristocracia indíxena romanizada e de poboación rural.

Na Gallaecia o cristianismo foi introducido serodiamente, a meados do século III, por soldados da Legio VII Gemina. Un episódio notório foi a difusión do priscilianismo a fins do século IV.

Hai catro referéncias.


História de Astúrias: Los Pueblos d'Asturies na Edá del Fierru

http://www.asturies.com/belenos/memoriacelta/hestoria13.htm

Problemas? - Comentários

2000-11-08 - Divulgación xeral


Idade do Ferro - Carta Arqueológica do Concelho de Vila Real

Unidade de Arqueologia. Departamento de Geologia. Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro

http://www.utad.geira.pt/arqueologia/arqueologia_vila_real/arqueologia/Epocas/index.new.asp?id=3

Problemas? - Comentários

2000-04-02 - Divulgación especializada


Línguas pré-romanas

Historia Antigua - Universidad de Zaragoza - II Ciclo - Guillermo Fatás: "Algunos materiales para el estudio de las lenguas paleohispánicas". Basado en contribución inédita de J. Gorrochategui.

http://fyl.unizar.es/historia_antigua/Hispania/Hisp.palhis.html

Problemas? - Comentários

1999-12-09 - Divulgación especializada


Ribadeu - História Antiga

Ribadeo

http://www.ribadeo.com/edad-antigua.htm

Problemas? - Comentários

2000-12-09 - Divulgación xeral


Páxina inicial da História da Galiza

Os metais: o ferro

Ainda que por veces ferro e cultura castrexa se fagan equivalentes, convén distinguir entre os dous conceitos porque a transición entre Bronce e Ferro é ainda bastante descoecida e non está claro que elementos anteriores pervivíron e donde proveñen os rasgos prototí­picos do mundo castrexo. Con efeito, os castros máis antigos datan dos séculos VIII e VII.


Pré-história

Cuaternário
Paleolítico
Neolítico
Megalitismo
Os metais: o cobre e o bronce
As gravuras rupestres

Idade Antiga

Os metais: o ferro
Descricións de viaxeiros
A cultura castrexa
A romanización
A cristianización

Idade Média

Os reinos xermánicos
O sistema feudal
Os reinos medievais
O sepulcro de Compostela
Os normandos
Os irmandiños

Idade Moderna

Instituizóns de governo
A economia moderna
Os pazos
A Igrexa

Idade Contemporánea

Crise do Antigo Rexime e nascimento das ideoloxias
O galeguismo
A economia contemporánea
O rexime demográfico
O século XX até a II República española
Guerra civil e franquismo
O Estatuto de autonomia
 

Histórias locais
Museus e arquivos
Organizacións
Outras histórias
Cronoloxias e sínteses
Biografias
Publicacións electrónicas
Historiografia
Respostas breves
Curiosidades


Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez





© (2002) A História da Galiza
Enderezo: galizaweb.net/historia
Correo: hdg@galizaweb.net

Páxina inicial
Sobre este sítio