|
Moitos restos arqueolóxicos do Noroeste peninsular non se conservan ben debido à acidez dos solos, à escasez de covas habitábeis e à ocupación tan intensa que se ten feito da paisaxe, o que torna moi difÃcil o coñecimento do pasado por este meio. O recurso comun consiste en asumir que, dada a continuidade xeográfica da PenÃnsula, a pré-história do Noroeste segue as liñas xerais do resto. O seu relativo isolamento xeográfico-climático e a sua condición de extremidade continental ocasionan que a chegada de grupos humanos e inovacións sexa tardia, asi como que perduren no tempo algunhas caracterÃsticas arcaizantes. Acharon-se recentemente utensÃlios lÃticos de hai supostamente 300.000 anos (PaleolÃtico Inferior) na Mariña (Ribadeu). De entre 28.000 e 18.000 anos datan os acampamentos máis famosos das Gándaras de Budiño (Porriño), que corresponderian a bandas seminómadas. Do PaleolÃtico Superior coñecen-se alguns abeiros rochosos, e as estacións mesolÃticas predominan na faixa costeira a Sul de Redondela.
O NeolÃtico, no que se facia uso do sistema de roza e queima do bosque, chegou ao Noroeste desde o Sul en epocas tardias (para moitos, coincidentes co fenómeno megalÃtico). Costuma-se dividir o horizonte megalÃtico en tres perÃodos: inicial (3.500-3.000), no que se erguen antas de cámara poligonal sinxela contendo enxovais con microlitos xeométricos trapezoidais; médio (3.000-2.500), caracterizado por cámaras con corredor e pontas de frecha romboidais, e final (2.500-2.200), con cistas megalÃticas, mazas de pedra e o primeiro traballo dos metais. Os monumentos megalÃticos son abondosos (dúcias de miles) e de reducido tamaño. Tamén desde Portugal subiu a finais do terceiro milénio a cultura dos vasos campaniformes, na que aparecen os túmulos funerários. Co Bronce (-1.800) aparecen os petroglifos. A dispersión da povoación xa nesta época é un fenómeno patente. A gaderia de comezos do primeiro milénio usa ovellas, cabras, vacas e porcos e a dieta das povoacións costeiras inclue o marisqueo. A minaria do chumbo une-se à s xa tradicionais do cobre e o estaño; a composición dalguns machados, inadecuada para o seu uso práctico, fai pensar na existéncia de meios de pagamento de tipo pré-numismático. A este perÃodo corresponde a indoeuropeización do Noroeste, coa chegada de grupos pré-celtas portadores das espadas tÃpicas do que por veces se chama Bronce Atlántico. |
|
Hai 11 referéncias. Mostran-se da 1 à 10. |
Dólmenes de Galiza |
Simples mapa coa localización dos dólmenes de Laxe, Dombate, Axeitos e Chan da Arquiña. |
http://www.galicia.com/galicia/dolmen.htm |
Problemas? - Comentários 1999-08-29 - Divulgación xeral |
Dólmenes en Barcarrota |
Personal. ProvÃncia de Badajoz. AUTOR: José Juan Rivero Marabé. Explicacións simples. Inclui vários deseños sobre a técnica construtiva. |
http://personal.redestb.es/jose-juan/dolmenes.htm |
Problemas? - Comentários 1999-09-15 - Divulgación xeral |
|
|
Megalitismo O desexo do ser humano de perdurar na paisaxe é un fenómeno tÃpico dunha longa etapa a cabalo entre o noso neolÃtico e o primeiro tratamento do bronce. Como testemuño, vários miles de "antas", "arcas", mámoas", "medoñas", "dólmenes" que conforman túmulos detectábeis à vista. Parecen mostrar a existéncia dunha organización social e dun sistema de crenzas que hoxe estimamos relativamente homoxéneos. As mámoas aparecen agrupadas en penichairas de sectores montañosos, e en relación a solos lixeiros. Baixo algunhas destas antas teñen-se atopado pinturas, gravuras, cerámica e Ãdolos de pedra. Non se coñecen, porén, os lugares de habitación dos construtores de megalitos. |
|