A história da Galiza

Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez

À páxina inicial



Moitos restos arqueolóxicos do Noroeste peninsular non se conservan ben debido à acidez dos solos, à escasez de covas habitábeis e à ocupación tan intensa que se ten feito da paisaxe, o que torna moi difícil o coñecimento do pasado por este meio. O recurso comun consiste en asumir que, dada a continuidade xeográfica da Península, a pré-história do Noroeste segue as liñas xerais do resto. O seu relativo isolamento xeográfico-climático e a sua condición de extremidade continental ocasionan que a chegada de grupos humanos e inovacións sexa tardia, asi como que perduren no tempo algunhas características arcaizantes. Acharon-se recentemente utensílios líticos de hai supostamente 300.000 anos (Paleolítico Inferior) na Mariña (Ribadeu). De entre 28.000 e 18.000 anos datan os acampamentos máis famosos das Gándaras de Budiño (Porriño), que corresponderian a bandas seminómadas. Do Paleolítico Superior coñecen-se alguns abeiros rochosos, e as estacións mesolíticas predominan na faixa costeira a Sul de Redondela.
O Neolítico, no que se facia uso do sistema de roza e queima do bosque, chegou ao Noroeste desde o Sul en epocas tardias (para moitos, coincidentes co fenómeno megalítico). Costuma-se dividir o horizonte megalítico en tres períodos: inicial (3.500-3.000), no que se erguen antas de cámara poligonal sinxela contendo enxovais con microlitos xeométricos trapezoidais; médio (3.000-2.500), caracterizado por cámaras con corredor e pontas de frecha romboidais, e final (2.500-2.200), con cistas megalíticas, mazas de pedra e o primeiro traballo dos metais. Os monumentos megalíticos son abondosos (dúcias de miles) e de reducido tamaño.
Tamén desde Portugal subiu a finais do terceiro milénio a cultura dos vasos campaniformes, na que aparecen os túmulos funerários. Co Bronce (-1.800) aparecen os petroglifos. A dispersión da povoación xa nesta época é un fenómeno patente. A gaderia de comezos do primeiro milénio usa ovellas, cabras, vacas e porcos e a dieta das povoacións costeiras inclue o marisqueo. A minaria do chumbo une-se às xa tradicionais do cobre e o estaño; a composición dalguns machados, inadecuada para o seu uso práctico, fai pensar na existéncia de meios de pagamento de tipo pré-numismático. A este período corresponde a indoeuropeización do Noroeste, coa chegada de grupos pré-celtas portadores das espadas típicas do que por veces se chama Bronce Atlántico.

Hai cinco referéncias.


A lámina de sílex de Monte Penide

Fotos. AUTOR: C. Abad Gallego

http://ayco.net/internovas/historias/penide/penide.htm

Problemas? - Comentários

1999-09-09 - Divulgación especializada


Elementos da Pré-história de Redondela

Por Xosé Couñago, Asociación Alén Nós Neolítico e Bronce. Chan das formigas e Mámoa do Rei. Poza da Lagoa.

http://ayco.net/internovas/historias/prehistoria.htm

Problemas? - Comentários

1999-09-03 - Divulgación especializada


História de Astúrias: Do Neolítico ao Bronce Atlántico

http://www.asturies.com/belenos/memoriacelta/hestoria12.htm

Problemas? - Comentários

2000-11-08 - Divulgación xeral


Neolítico - Carta Arqueológica do Concelho de Vila Real

Unidade de Arqueologia Departamento de Geologia Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro

http://www.utad.geira.pt/arqueologia/arqueologia_vila_real/arqueologia/Epocas/index.new.asp@id=1

Problemas? - Comentários

2000-04-02 - Divulgación especializada


O final dos cazadores

http://www.ctv.es/USERS/sananton/cap3.pdf

Problemas? - Comentários

2000-07-29 - Divulgación especializada


Páxina inicial da História da Galiza

Neolítico

A aparición da agricultura provocou un aumento da povoación, ao que vai ligada a sua sedentarización. Visto doutro modo, o aumento de povoación provocou a necesidade de recorrer a un sistema de tan pouco rendimento inicial como resulta ser a agricultura. Ao se referir ao neolítico non se debe pensar só nun cámbio na técnica de traballo da pedra (e a sua tremenda diversificación tipolóxica); acompañan-no a aparición da agricultura e da cerámica, e os cámbios sociais que ocasionan.


Pré-história

Cuaternário
Paleolítico
Neolítico
Megalitismo
Os metais: o cobre e o bronce
As gravuras rupestres

Idade Antiga

Os metais: o ferro
Descricións de viaxeiros
A cultura castrexa
A romanización
A cristianización

Idade Média

Os reinos xermánicos
O sistema feudal
Os reinos medievais
O sepulcro de Compostela
Os normandos
Os irmandiños

Idade Moderna

Instituizóns de governo
A economia moderna
Os pazos
A Igrexa

Idade Contemporánea

Crise do Antigo Rexime e nascimento das ideoloxias
O galeguismo
A economia contemporánea
O rexime demográfico
O século XX até a II República española
Guerra civil e franquismo
O Estatuto de autonomia
 

Histórias locais
Museus e arquivos
Organizacións
Outras histórias
Cronoloxias e sínteses
Biografias
Publicacións electrónicas
Historiografia
Respostas breves
Curiosidades


Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez





© (2002) A História da Galiza
Enderezo: galizaweb.net/historia
Correo: hdg@galizaweb.net

Páxina inicial
Sobre este sítio