|
Galiza viveu os séculos XIX e XX en permanente estado de atraso económico. Cun modelo de crecimento continuado -ainda que baixo- as posibilidades económicas non permitian absorber este incremento populacional, provocando asi un forte movimento emigratório que se converteu en endémico a partir de meados do XIX. Durante estes dous séculos acentuou-se o deslocamento da povoación do interior cara a fachada atlántica. O primeiro grande movimento migratório, durante a segunda metade do XIX, foi de carácter definitivo, era preferentemente masculino e tiña como destino América do Sul. Durante o primeiro tércio do XX incorporou-se a muller, aumentou o número de emigrantes da Galiza interior e comezaron-se a dar máis casos de retornados ("indianos"). Logo do paréntese dos anos 30 e 40 outro éxodo masivo tomou a dirección de América, Europa (SuÃza e Alemaña) e España (Cataluña, PaÃs Basco e Madrid). As estruturas forais do Antigo Rexime perpetuáron-se durante o século XIX (incluindo até o 90% da superfÃcie produtiva); non mudaron nen os cultivos nen as técnicas nen houbo mecanización; acentou-se un minifundismo que non comezou a se resolver até as concentracións parcelárias de fins do XX. A rede ferroviária foi construÃda moi serodiamente. A modernización comeza coa crise agrária de fins do XIX. Redimen-se os foros nas primeiras tres décadas do XX, convertindo aos camponeses en proprietários. Neste momento teñen importáncia os movimentos agraristas. A partir de entón elimina-se definitivamente o barbeito, comezan-se a usar adubos quÃmicos, crian-se prados artificiais e introduce-se maquinária. Na segunda metade do século produce-se unha especialización agrária acompañada de motorización e industrializan-se alguns seitores a partir de fórmulas cooperativas. A relativa prosperidade da banca, de carácter fundamentalmente local, vai ligada ás remeseas dos emigrantes e á dispersión da povoación. A indústria conserveira consolida-se a fins do XIX da mao dos avanzos na construción naval, e especialmente a partir dos anos 60. A indústria hidroeléctrica consegue grandes benefÃcios a partir dos anos 40. Instalan-se indústrias como ENCE, Endesa ou Citroën que aproveitan matérias primas e mao de obra. A fidalguia decimonónica opuxo-se à s reformas liberais e apoiou movimentos retardatários como o Carlismo, o que non impediu que fose desaparecer a comezos do XX. A burguesia, de orixe industrial, financeira e agrária, non tivo releváncia até a segunda metade do XX. Coa consolidación do estado liberal español, o centralismo provoca unha reacción galeguista a partir de meados do XIX de cariz culturalista e conservador nun princÃpio e que se vai facendo cada vez máis progresista. No século XX distinguen-se tres fases: un primeiro tércio no que se frustraron as tentativas modernizadoras, outro de regresión durante o autarquismo franquista e unha modernización lenta a partir de 1960. Galiza caÃu rapidamente en maos dos militares sublevados con Franco. O Estatuto de Autonomia de 1981 foi recebido con indiferenza. O perÃodo de governo autonómico até hoxe resume-se a nÃvel polÃtico en unha década de limitada actividade, un axitado biénio de coaligazón e un decénio de maiorias absolutas de Manuel Fraga Iribarne. |