A história da Galiza

Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez

À páxina inicial



Galiza viveu os séculos XIX e XX en permanente estado de atraso económico. Cun modelo de crecimento continuado -ainda que baixo- as posibilidades económicas non permitian absorber este incremento populacional, provocando asi un forte movimento emigratório que se converteu en endémico a partir de meados do XIX. Durante estes dous séculos acentuou-se o deslocamento da povoación do interior cara a fachada atlántica. O primeiro grande movimento migratório, durante a segunda metade do XIX, foi de carácter definitivo, era preferentemente masculino e tiña como destino América do Sul. Durante o primeiro tércio do XX incorporou-se a muller, aumentou o número de emigrantes da Galiza interior e comezaron-se a dar máis casos de retornados ("indianos"). Logo do paréntese dos anos 30 e 40 outro éxodo masivo tomou a dirección de América, Europa (Suíza e Alemaña) e España (Cataluña, País Basco e Madrid).

As estruturas forais do Antigo Rexime perpetuáron-se durante o século XIX (incluindo até o 90% da superfície produtiva); non mudaron nen os cultivos nen as técnicas nen houbo mecanización; acentou-se un minifundismo que non comezou a se resolver até as concentracións parcelárias de fins do XX. A rede ferroviária foi construída moi serodiamente.

A modernización comeza coa crise agrária de fins do XIX. Redimen-se os foros nas primeiras tres décadas do XX, convertindo aos camponeses en proprietários. Neste momento teñen importáncia os movimentos agraristas. A partir de entón elimina-se definitivamente o barbeito, comezan-se a usar adubos químicos, crian-se prados artificiais e introduce-se maquinária. Na segunda metade do século produce-se unha especialización agrária acompañada de motorización e industrializan-se alguns seitores a partir de fórmulas cooperativas. A relativa prosperidade da banca, de carácter fundamentalmente local, vai ligada ás remeseas dos emigrantes e á dispersión da povoación. A indústria conserveira consolida-se a fins do XIX da mao dos avanzos na construción naval, e especialmente a partir dos anos 60. A indústria hidroeléctrica consegue grandes benefícios a partir dos anos 40. Instalan-se indústrias como ENCE, Endesa ou Citroën que aproveitan matérias primas e mao de obra.

A fidalguia decimonónica opuxo-se às reformas liberais e apoiou movimentos retardatários como o Carlismo, o que non impediu que fose desaparecer a comezos do XX. A burguesia, de orixe industrial, financeira e agrária, non tivo releváncia até a segunda metade do XX. Coa consolidación do estado liberal español, o centralismo provoca unha reacción galeguista a partir de meados do XIX de cariz culturalista e conservador nun princípio e que se vai facendo cada vez máis progresista.

No século XX distinguen-se tres fases: un primeiro tércio no que se frustraron as tentativas modernizadoras, outro de regresión durante o autarquismo franquista e unha modernización lenta a partir de 1960.

Galiza caíu rapidamente en maos dos militares sublevados con Franco. O Estatuto de Autonomia de 1981 foi recebido con indiferenza. O período de governo autonómico até hoxe resume-se a nível político en unha década de limitada actividade, un axitado biénio de coaligazón e un decénio de maiorias absolutas de Manuel Fraga Iribarne.

Hai catro referéncias.


A imprensa en Redondela, 1883-1933

Histórias de Redondela. Por Luís Pereda

http://ayco.net/internovas/historias/prensa.htm

Problemas? - Comentários

1999-09-03 - Divulgación especializada


Batalla de Elviña

Guerra peninsular (Guerra da Independéncia española). 16/1/1809

http://gie1808a1814.tripod.com/batallas/bcorunna.htm

Problemas? - Comentários

2001-01-14 - Divulgación especializada


Batalla de Elviña

http://gie1808a1814.tripod.com/colabora/elvina.htm

Problemas? - Comentários

2001-01-14 - Divulgación especializada


Batalla de Ponte San Paio

7,8/5/1809

http://gie1808a1814.tripod.com/meses/mes.htmBM0004

Problemas? - Comentários

2001-01-14 - Divulgación especializada


Páxina inicial da História da Galiza

Crise do Antigo Rexime e nascimento das ideoloxias

A adaptación das estruturas sócio-económicas à sociedade capitalista e liberal seguiu as pautas españolas. En tal ámbito, padeceron-se os efectos dos conflitos bélicos entre as poténcias da época e as loitas entre liberais e conservadores.


Pré-história

Cuaternário
Paleolítico
Neolítico
Megalitismo
Os metais: o cobre e o bronce
As gravuras rupestres

Idade Antiga

Os metais: o ferro
Descricións de viaxeiros
A cultura castrexa
A romanización
A cristianización

Idade Média

Os reinos xermánicos
O sistema feudal
Os reinos medievais
O sepulcro de Compostela
Os normandos
Os irmandiños

Idade Moderna

Instituizóns de governo
A economia moderna
Os pazos
A Igrexa

Idade Contemporánea

Crise do Antigo Rexime e nascimento das ideoloxias
O galeguismo
A economia contemporánea
O rexime demográfico
O século XX até a II República española
Guerra civil e franquismo
O Estatuto de autonomia
 

Histórias locais
Museus e arquivos
Organizacións
Outras histórias
Cronoloxias e sínteses
Biografias
Publicacións electrónicas
Historiografia
Respostas breves
Curiosidades


Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez





© (2002) A História da Galiza
Enderezo: galizaweb.net/historia
Correo: hdg@galizaweb.net

Páxina inicial
Sobre este sítio