A história da Galiza

Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez

À páxina inicial



A época moderna comeza na Galiza a fins do século XV coa sua inclusión definitiva dentro do proceso de construción do estado absolutista español. A partir do que a historiografia ten chamado "doma e castración do reino", Galiza perde iniciativa política e autonomia económica e a sua história debe ser considerada dentro do marco da española. Nomea-se un Governador ou Capitán Xeral, constitui-se a Real Audiéncia e designan-se tamén Correxedores para as principais cidades que, con outras figuras, fan posíbel a consolidación dun poder monárquico centralizado. Cos Borbóns, a comezos do XVIII, a Intendéncia asume as competéncias de facenda e militares, os correxedores as de polícia e xustiza, e a Audiéncia concentra-se nas de xustiza. Desde 1500 existiu unha Xunta, espécie de parlamento sen poder nengun.

Cun crescimento demográfico moito máis sostido que nos reinos viciños, a meados do XVIII Galiza chega a triplicar a densidade de povoación de Castela. Ademáis, durante este período, o 90% da poboación é rural e as vilas son moi reducidas, de xeito tal que a meados do XVI só PonteVedra, Compostela e Ourense superan os 1.000 viciños.

A agricultura, complementada coa gaderia, constitui o principal seitor económico. Dacordo coa calidade das terras existen duas grandes zonas, ocidental e oriental, a primeira de moito mellor rendimento e variedade e máis anovadora nos cultivos e sistemas de rotación. Durante este período hai unha perda do valor da gaderia e unha preferéncia polas espécies estabuladas (vacas e porcos) en detrimento de ovellas, cabras e cabalos. Aumenta a intensidade do aproveitamento e, en consecuéncia, reduce-se o tamaño dos prédios rústicos, aumenta o regadio e perden en extensión os montes comunais. O millo desbanca no XVI a todos os demáis cultivos nas áreas litorais; na segunda metade do XVIII irrumpe a pataca, de preferéncia nas zonas de interior.

Outras actividades menores incluen a pesca, o comércio e a indústria. A pesca adquire realmente importáncia a fins do XVIII coa chegada de comerciantes cataláns, que introducen novas técnicas pesqueiras e dan-lle pulo à indústria conserveira. Aumenta a importáncia das feiras comarcais, mais non existen nen excedentes davondo nen un tecido comercial capaz de impulsar as exportacións, polo que este seitor parece estancado. Da mesma maneira, o reducido do consumo interior impede o asentamento de núcleos industriais, decaendo a artesania téxtil rural e as ferrarias e só aumentando o artesanato rural e as curticións.

Na Galiza do XVIII nen se produciu a explosión demográfica, nen o medre das cidades, nen a expansión das comunicacións, nen a revolución agrícola, nen a revolución industrial doutras partes de Europa.

Exceptuando as cidades, a metade do território pertencia a señorios eclesiásticos e o resto dividia-se entre señorios laicos e reguengos. Co tempo, con nobreza absentista e altos cargos foráneos, será a fidalguia local quen maior benefício obteña do sistema de rendas e foros e das inumerábeis taxas.

Hai oito referéncias.


A batalla de Brión

Datos do libro de D. Guillermo Escrigas Ferrol Heróico

http://www.ferrol-concello.es/2centenariobrion/batalla.html

Problemas? - Comentários

2000-08-12 - Divulgación xeral


A batalla de Rande acapara a atención no seu terceiro centenário

Notícia sobre a inauguración do Museu do Mar de Vigo (27-07-2002), que se celebrou coa exposición 'Rande 1702, arde o mar'.

http://mais.vieiros.com/festas/noticia.php?lang=gal¬icia=30

Problemas? - Comentários

2003-01-03 - Notícias


A imprensa en Ourense

http://imprensa

Problemas? - Comentários

1999-08-19 - Divulgación especializada


Batalla de Rande

2º centenário.

http://www.arrakis.es/~rojea/rande/ranindex.htm

Problemas? - Comentários

2000-11-23 - Divulgación xeral


História de Astúrias: La Edá Moderna

http://www.asturies.com/belenos/memoriacelta/hestoria2.htm

Problemas? - Comentários

2000-11-08 - Divulgación xeral


Localizan os vinte galeóns dunha frota de Filipe II perdida na Costa da Morte no 1596

O 28 de outubro de 1596 unha frota armada contra Inglaterra perdia vintecinco barcos de todo tipo por un temporal.

http://www.finisterrae.com/index55.htm

Problemas? - Comentários

1999-08-19 - Notícias


O señorio da parróquia de Cedeira

Desde a primeira enaxenación de señorios xurisdicionais eclesiásticos dos ÃÂustria até o Cadastro de Ensenada.

http://ayco.net/internovas/historias/cedeira/cuerpo_cedeira.htm

Problemas? - Comentários

1999-09-09 - Divulgación especializada


Os fornos en Ribadávia

Cadastro de Ensenada

http://web.jet.es/cem/hornos.htm

Problemas? - Comentários

1999-09-09 - Divulgación especializada


Páxina inicial da História da Galiza

A economia moderna

A meados do século XVIII o 75% da povoación dedicaba-se ao seitor primário e o resto repartia-se entre secundário e terciário. Compara-se isto cunha Castela máis desenvolvida, na que as proporcións son, respectivamente, de 55, 15 e 30%. A propriedade da terra reside en maos de grandes proprietários absentistas: mosteiros, cabidos e nobres, que reteñen a metade das rendas. Porén, son os fidalgos intermediários quen maiormente se benefícian coas suas actuacións especuladoras.


Pré-história

Cuaternário
Paleolítico
Neolítico
Megalitismo
Os metais: o cobre e o bronce
As gravuras rupestres

Idade Antiga

Os metais: o ferro
Descricións de viaxeiros
A cultura castrexa
A romanización
A cristianización

Idade Média

Os reinos xermánicos
O sistema feudal
Os reinos medievais
O sepulcro de Compostela
Os normandos
Os irmandiños

Idade Moderna

Instituizóns de governo
A economia moderna
Os pazos
A Igrexa

Idade Contemporánea

Crise do Antigo Rexime e nascimento das ideoloxias
O galeguismo
A economia contemporánea
O rexime demográfico
O século XX até a II República española
Guerra civil e franquismo
O Estatuto de autonomia
 

Histórias locais
Museus e arquivos
Organizacións
Outras histórias
Cronoloxias e sínteses
Biografias
Publicacións electrónicas
Historiografia
Respostas breves
Curiosidades


Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez





© (2002) A História da Galiza
Enderezo: galizaweb.net/historia
Correo: hdg@galizaweb.net

Páxina inicial
Sobre este sítio