|
A época moderna comeza na Galiza a fins do século XV coa sua inclusión definitiva dentro do proceso de construción do estado absolutista español. A partir do que a historiografia ten chamado "doma e castración do reino", Galiza perde iniciativa polÃtica e autonomia económica e a sua história debe ser considerada dentro do marco da española. Nomea-se un Governador ou Capitán Xeral, constitui-se a Real Audiéncia e designan-se tamén Correxedores para as principais cidades que, con outras figuras, fan posÃbel a consolidación dun poder monárquico centralizado. Cos Borbóns, a comezos do XVIII, a Intendéncia asume as competéncias de facenda e militares, os correxedores as de polÃcia e xustiza, e a Audiéncia concentra-se nas de xustiza. Desde 1500 existiu unha Xunta, espécie de parlamento sen poder nengun. Cun crescimento demográfico moito máis sostido que nos reinos viciños, a meados do XVIII Galiza chega a triplicar a densidade de povoación de Castela. Ademáis, durante este perÃodo, o 90% da poboación é rural e as vilas son moi reducidas, de xeito tal que a meados do XVI só PonteVedra, Compostela e Ourense superan os 1.000 viciños. A agricultura, complementada coa gaderia, constitui o principal seitor económico. Dacordo coa calidade das terras existen duas grandes zonas, ocidental e oriental, a primeira de moito mellor rendimento e variedade e máis anovadora nos cultivos e sistemas de rotación. Durante este perÃodo hai unha perda do valor da gaderia e unha preferéncia polas espécies estabuladas (vacas e porcos) en detrimento de ovellas, cabras e cabalos. Aumenta a intensidade do aproveitamento e, en consecuéncia, reduce-se o tamaño dos prédios rústicos, aumenta o regadio e perden en extensión os montes comunais. O millo desbanca no XVI a todos os demáis cultivos nas áreas litorais; na segunda metade do XVIII irrumpe a pataca, de preferéncia nas zonas de interior. Outras actividades menores incluen a pesca, o comércio e a indústria. A pesca adquire realmente importáncia a fins do XVIII coa chegada de comerciantes cataláns, que introducen novas técnicas pesqueiras e dan-lle pulo à indústria conserveira. Aumenta a importáncia das feiras comarcais, mais non existen nen excedentes davondo nen un tecido comercial capaz de impulsar as exportacións, polo que este seitor parece estancado. Da mesma maneira, o reducido do consumo interior impede o asentamento de núcleos industriais, decaendo a artesania téxtil rural e as ferrarias e só aumentando o artesanato rural e as curticións. Na Galiza do XVIII nen se produciu a explosión demográfica, nen o medre das cidades, nen a expansión das comunicacións, nen a revolución agrÃcola, nen a revolución industrial doutras partes de Europa. Exceptuando as cidades, a metade do território pertencia a señorios eclesiásticos e o resto dividia-se entre señorios laicos e reguengos. Co tempo, con nobreza absentista e altos cargos foráneos, será a fidalguia local quen maior benefÃcio obteña do sistema de rendas e foros e das inumerábeis taxas. |