A história da Galiza

Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez

À páxina inicial



O Império Romano caíu baixo a presión dos movimentos migratórios xermanos. A comezos do século V, tres destes povos repartíron-se a Península Ibérica através de foedus e a Gallaecia pasou asi en 411a maos de suevos e vándalos asdingos (que posteriormente a abandonarian). Os suevos, dado o seu escaso número, concentraron-se no território que arrodea Braga. Logo dunhas décadas de dedicación ao bandoleirismo, os suevo-galaicos entran na órbita dos visigodos (chegados à Península co propósito de conté-los) para seren incorporados a este reino xermánico en 585. A feudalización da sociedade xa ía avanzada cando o reino visigodo foi destruído pola invasión musulmana de 711. En 813, o bispo Teodomiro anúncia a descoberta do sepulcro do apóstolo Iago.

O fin do primeiro milénio ve certo crescimento demográfico e a repovoación de zonas cada vez máis ao sul, através do sistema de "presura". A comezos do segundo teñen lugar os ataques viquingos. Desde o século IX comezan a aparecer pequenos núcleos rurais chamados "vilas", acompañados de "vilares" e "casais", característicos todos eles do hábitat disperso. De comezos do XIII data o proceso urbanizador. As instituizóns eclesiásticas atinxen un notório poder -as catedrais nas cidades e os mosteiros bieitos e cluniacienses no campo.

Durante todo este período, as terras van-se concentrando en maos de grandes proprietários (que, debido á acusada diseminación dos prédios, non teñen "grandes propriedades") e o número de pequenos proprietários vai-se reducindo. Unha parte dos domínios señoriais explotan-na directamente os señores através dun "villicus"; a outra parte por meio de servos e colonos. Incrementan-se os arroteamentos e intensifica-se a horticultura; reduce-se o barbeito coa rotación trienal, introduce-se o vesadoiro, usa-se máis o ferro nos apeiros agrícolas e aparecen as aceas.

O reino de Galiza pasa progresivamente a depender dos ámbitos astur-leonés e posteriormente castelán-leonés até que, desgastada a sua nobreza en conflitos dinásticos, esmorece a sua capacidade de actuación. Depois das terríbeis fames e pestes do século XIV, a conflitividade social aumenta no XV e provoca as revoltas irmandiñas (1431-1469).

Hai seis referéncias.


A morte a lanzadas da condesa de Santa Marta (1470): unha análise

Carlos Barros Guimaráns

http://personal5.iddeo.es/cbarros/spanish/morte.htm

Problemas? - Comentários

2000-12-08 - Investigación


Afonso de Carvallido "mercador" betanceiro y cabecilla irmandiño (alcalde de hermandad) en la guerra de 1467-69

Alfredo Erias

http://www.la-red.com/erias/autor/9-afonso.htm

Problemas? - Comentários

2000-11-08 - Divulgación especializada


As orixes medievais da Xunta de Galicia

Carlos Barros Guimeráns.

http://personal5.iddeo.es/cbarros/spanish/xunta.htm

Problemas? - Comentários

2000-12-08 - Divulgación especializada


Vasallos y señores: Uso alternativo del poder de la justicia en la Galicia bajomedieval.

Carlos Barros Guimeráns

http://personal5.iddeo.es/cbarros/spanish/uso_alternativo.htm

Problemas? - Comentários

2000-12-08 - Divulgación especializada


Viva el-Rey! Rey imaginario y revuelta en la Galicia bajomedieval

Carlos Barros Guimeráns.

http://personal5.iddeo.es/cbarros/spanish/viva_el_rey.htm

Problemas? - Comentários

2000-12-08 - Divulgación especializada


Vivir sin señores. La conciencia antiseñorial en la Baja Edad Media gallega.

Carlos Barros Guimeráns

http://personal5.iddeo.es/cbarros/spanish/vivir_sin_senor.htm

Problemas? - Comentários

2000-12-08 - Divulgación especializada


Páxina inicial da História da Galiza

Os irmandiños

Os séculos XIV e XV foron de miséria para Galiza. A Igrexa e os nobres fan-lle fronte suprimindo direitos e aumentando rendas. A situación, empiorada a raiz da peste negra de 1348, fai-se máis insofríbel debido às constantes pugnas entre os nobres e a monarquia. Preludiada por levantamentos en distintas cidades (Compostela 1422, Ourense 1419, Tui 1434,...), produce-se a sublevación das Irmandades. O primeiro episódio tivo lugar en 1431 en terras de Andrade; o segundo (1467-1469) foi tan intenso que 130 torres foron derrubadas.


Pré-história

Cuaternário
Paleolítico
Neolítico
Megalitismo
Os metais: o cobre e o bronce
As gravuras rupestres

Idade Antiga

Os metais: o ferro
Descricións de viaxeiros
A cultura castrexa
A romanización
A cristianización

Idade Média

Os reinos xermánicos
O sistema feudal
Os reinos medievais
O sepulcro de Compostela
Os normandos
Os irmandiños

Idade Moderna

Instituizóns de governo
A economia moderna
Os pazos
A Igrexa

Idade Contemporánea

Crise do Antigo Rexime e nascimento das ideoloxias
O galeguismo
A economia contemporánea
O rexime demográfico
O século XX até a II República española
Guerra civil e franquismo
O Estatuto de autonomia
 

Histórias locais
Museus e arquivos
Organizacións
Outras histórias
Cronoloxias e sínteses
Biografias
Publicacións electrónicas
Historiografia
Respostas breves
Curiosidades


Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez





© (2002) A História da Galiza
Enderezo: galizaweb.net/historia
Correo: hdg@galizaweb.net

Páxina inicial
Sobre este sítio