A história da Galiza

Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez

À páxina inicial



Moitos restos arqueolóxicos do Noroeste peninsular non se conservan ben debido à acidez dos solos, à escasez de covas habitábeis e à ocupación tan intensa que se ten feito da paisaxe, o que torna moi difícil o coñecimento do pasado por este meio. O recurso comun consiste en asumir que, dada a continuidade xeográfica da Península, a pré-história do Noroeste segue as liñas xerais do resto. O seu relativo isolamento xeográfico-climático e a sua condición de extremidade continental ocasionan que a chegada de grupos humanos e inovacións sexa tardia, asi como que perduren no tempo algunhas características arcaizantes. Acharon-se recentemente utensílios líticos de hai supostamente 300.000 anos (Paleolítico Inferior) na Mariña (Ribadeu). De entre 28.000 e 18.000 anos datan os acampamentos máis famosos das Gándaras de Budiño (Porriño), que corresponderian a bandas seminómadas. Do Paleolítico Superior coñecen-se alguns abeiros rochosos, e as estacións mesolíticas predominan na faixa costeira a Sul de Redondela.
O Neolítico, no que se facia uso do sistema de roza e queima do bosque, chegou ao Noroeste desde o Sul en epocas tardias (para moitos, coincidentes co fenómeno megalítico). Costuma-se dividir o horizonte megalítico en tres períodos: inicial (3.500-3.000), no que se erguen antas de cámara poligonal sinxela contendo enxovais con microlitos xeométricos trapezoidais; médio (3.000-2.500), caracterizado por cámaras con corredor e pontas de frecha romboidais, e final (2.500-2.200), con cistas megalíticas, mazas de pedra e o primeiro traballo dos metais. Os monumentos megalíticos son abondosos (dúcias de miles) e de reducido tamaño.
Tamén desde Portugal subiu a finais do terceiro milénio a cultura dos vasos campaniformes, na que aparecen os túmulos funerários. Co Bronce (-1.800) aparecen os petroglifos. A dispersión da povoación xa nesta época é un fenómeno patente. A gaderia de comezos do primeiro milénio usa ovellas, cabras, vacas e porcos e a dieta das povoacións costeiras inclue o marisqueo. A minaria do chumbo une-se às xa tradicionais do cobre e o estaño; a composición dalguns machados, inadecuada para o seu uso práctico, fai pensar na existéncia de meios de pagamento de tipo pré-numismático. A este período corresponde a indoeuropeización do Noroeste, coa chegada de grupos pré-celtas portadores das espadas típicas do que por veces se chama Bronce Atlántico.

Hai duas referéncias.


Cuestións previas sobre a orixe da humanidade e a máis remota prehistoria

Museo de San Antón. Por José M. Bello Diéguez; PDF.

http://www.ctv.es/USERS/sananton/cap1.pdf

Problemas? - Comentários

2000-07-29 - Divulgación especializada


Mapa de Europa hai 10.000 anos

Em inglés

http://www.anth.ucsb.edu/projects/Europe10K/10kbp.html

Problemas? - Comentários

1999-12-07 - Divulgación especializada


Páxina inicial da História da Galiza

Cuaternário

Baixo este epígrafe encadran-se os estudos que teñen como centro de interese as condicións ecolóxicas que acompaan a aparicin e desenvolvimento do xénero Homo. O Cuaternário comezou hai 1.8 millóns de anos e divide-se en dous peridos: Pleistoceno, o máis longo, e Holoceno, que abarca os últimos 10.000 anos. Ainda se descoñecen bastante as condicións da habitación humana no noroeste peninsular.


Pré-história

Cuaternário
Paleolítico
Neolítico
Megalitismo
Os metais: o cobre e o bronce
As gravuras rupestres

Idade Antiga

Os metais: o ferro
Descricións de viaxeiros
A cultura castrexa
A romanización
A cristianización

Idade Média

Os reinos xermánicos
O sistema feudal
Os reinos medievais
O sepulcro de Compostela
Os normandos
Os irmandiños

Idade Moderna

Instituizóns de governo
A economia moderna
Os pazos
A Igrexa

Idade Contemporánea

Crise do Antigo Rexime e nascimento das ideoloxias
O galeguismo
A economia contemporánea
O rexime demográfico
O século XX até a II República española
Guerra civil e franquismo
O Estatuto de autonomia
 

Histórias locais
Museus e arquivos
Organizacións
Outras histórias
Cronoloxias e sínteses
Biografias
Publicacións electrónicas
Historiografia
Respostas breves
Curiosidades


Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez





© (2002) A História da Galiza
Enderezo: galizaweb.net/historia
Correo: hdg@galizaweb.net

Páxina inicial
Sobre este sítio