|
O Império Romano caÃu baixo a presión dos movimentos migratórios xermanos. A comezos do século V, tres destes povos repartÃron-se a PenÃnsula Ibérica através de foedus e a Gallaecia pasou asi en 411a maos de suevos e vándalos asdingos (que posteriormente a abandonarian). Os suevos, dado o seu escaso número, concentraron-se no território que arrodea Braga. Logo dunhas décadas de dedicación ao bandoleirismo, os suevo-galaicos entran na órbita dos visigodos (chegados à PenÃnsula co propósito de conté-los) para seren incorporados a este reino xermánico en 585. A feudalización da sociedade xa Ãa avanzada cando o reino visigodo foi destruÃdo pola invasión musulmana de 711. En 813, o bispo Teodomiro anúncia a descoberta do sepulcro do apóstolo Iago. O fin do primeiro milénio ve certo crescimento demográfico e a repovoación de zonas cada vez máis ao sul, através do sistema de "presura". A comezos do segundo teñen lugar os ataques viquingos. Desde o século IX comezan a aparecer pequenos núcleos rurais chamados "vilas", acompañados de "vilares" e "casais", caracterÃsticos todos eles do hábitat disperso. De comezos do XIII data o proceso urbanizador. As instituizóns eclesiásticas atinxen un notório poder -as catedrais nas cidades e os mosteiros bieitos e cluniacienses no campo. Durante todo este perÃodo, as terras van-se concentrando en maos de grandes proprietários (que, debido á acusada diseminación dos prédios, non teñen "grandes propriedades") e o número de pequenos proprietários vai-se reducindo. Unha parte dos domÃnios señoriais explotan-na directamente os señores através dun "villicus"; a outra parte por meio de servos e colonos. Incrementan-se os arroteamentos e intensifica-se a horticultura; reduce-se o barbeito coa rotación trienal, introduce-se o vesadoiro, usa-se máis o ferro nos apeiros agrÃcolas e aparecen as aceas. O reino de Galiza pasa progresivamente a depender dos ámbitos astur-leonés e posteriormente castelán-leonés até que, desgastada a sua nobreza en conflitos dinásticos, esmorece a sua capacidade de actuación. Depois das terrÃbeis fames e pestes do século XIV, a conflitividade social aumenta no XV e provoca as revoltas irmandiñas (1431-1469). |