A história da Galiza

Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez

À páxina inicial



O Império Romano caíu baixo a presión dos movimentos migratórios xermanos. A comezos do século V, tres destes povos repartíron-se a Península Ibérica através de foedus e a Gallaecia pasou asi en 411a maos de suevos e vándalos asdingos (que posteriormente a abandonarian). Os suevos, dado o seu escaso número, concentraron-se no território que arrodea Braga. Logo dunhas décadas de dedicación ao bandoleirismo, os suevo-galaicos entran na órbita dos visigodos (chegados à Península co propósito de conté-los) para seren incorporados a este reino xermánico en 585. A feudalización da sociedade xa ía avanzada cando o reino visigodo foi destruído pola invasión musulmana de 711. En 813, o bispo Teodomiro anúncia a descoberta do sepulcro do apóstolo Iago.

O fin do primeiro milénio ve certo crescimento demográfico e a repovoación de zonas cada vez máis ao sul, através do sistema de "presura". A comezos do segundo teñen lugar os ataques viquingos. Desde o século IX comezan a aparecer pequenos núcleos rurais chamados "vilas", acompañados de "vilares" e "casais", característicos todos eles do hábitat disperso. De comezos do XIII data o proceso urbanizador. As instituizóns eclesiásticas atinxen un notório poder -as catedrais nas cidades e os mosteiros bieitos e cluniacienses no campo.

Durante todo este período, as terras van-se concentrando en maos de grandes proprietários (que, debido á acusada diseminación dos prédios, non teñen "grandes propriedades") e o número de pequenos proprietários vai-se reducindo. Unha parte dos domínios señoriais explotan-na directamente os señores através dun "villicus"; a outra parte por meio de servos e colonos. Incrementan-se os arroteamentos e intensifica-se a horticultura; reduce-se o barbeito coa rotación trienal, introduce-se o vesadoiro, usa-se máis o ferro nos apeiros agrícolas e aparecen as aceas.

O reino de Galiza pasa progresivamente a depender dos ámbitos astur-leonés e posteriormente castelán-leonés até que, desgastada a sua nobreza en conflitos dinásticos, esmorece a sua capacidade de actuación. Depois das terríbeis fames e pestes do século XIV, a conflitividade social aumenta no XV e provoca as revoltas irmandiñas (1431-1469).

Hai 23 referéncias. Mostran-se da 1 à 10.

seguintes ->

A Concepção Nobiliárquica do Espaço Ibérico (1280-1380)

KRUS, Luís Filipe Llach. A Concepção Nobiliárquica do Espaço Ibérico (1280-1380). Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian. Notas de Rosa Pomar ("Páginas de História")

http://www.geocities.com/rosapomar/krus_concep_nobiliarquica.html

Problemas? - Comentários

1999-10-03 - Divulgación especializada


A orixe dos Freire

A história do apelido Freire

http://www.truenet.com.br/familiafreire/pagina1.html

Problemas? - Comentários

1999-09-23 - Divulgación xeral


Ascenso e caída do mariscal Pardo de Cela

http://personal5.iddeo.es/cbarros/spanish/ascenso.htm

Problemas? - Comentários

2000-12-08 - Divulgación especializada


Cómo vive el modelo caballeresco la hidalguía gallega bajo medieval: Los pazos de Probén.

Carlos Barros Guimeráns

http://personal5.iddeo.es/cbarros/spanish/modelo.htm

Problemas? - Comentários

2000-12-08 - Investigación


Concesión do coto de Roupar

[1228] Fernando III: Confirmación da Concesión do coto de Roupar, feita polo seu pai, Afonso IX, ao mosteiro de Santa Maria de Meira. Texto en latin.

http://anas.worldonline.es/magape-r/coto.htm

Problemas? - Comentários

2000-10-01 - Fontes primárias


Coristanco - época medieval

O mosteiro de San Mamede de Seávia e o señorio de Nogueira.

http://www.arrakis.es/~coristan/medieval_gal.htm

Problemas? - Comentários

2000-08-15 - Divulgación xeral


Doazón do mosteiro de San Salvador de Lérez

[IX-X] Ordoño II: Doazón do mosteiro de San Salvador de Lérez.Tradución ao galego.

http://members.nbci.com/_XMCM/cedofe/doazon.htm

Problemas? - Comentários

2000-10-01 - Fontes primárias


Donas e xograis, señores e reis, na Galicia medieval

Carlos Barros Guimeráns. Literatura medieval con motivo da Dia das Letras Galegas de 1998.

http://personal5.iddeo.es/cbarros/spanish/donas.htm

Problemas? - Comentários

2000-12-08 - Divulgación especializada


La humanización de la naturaleza en la Edad Media

Carlos Barros Guimaráns.

http://personal5.iddeo.es/cbarros/spanish/humanizacion_castellano.htm

Problemas? - Comentários

2000-12-08 - Divulgación especializada


MATTOSO, José: Ricos-Homens, Infanções e Cavaleiros. A Nobreza Medieval Portuguesa nos Séculos XI e XII

2ª ed., Lisboa, Guimarães Editores (col. História e Ensaios, nº 2), 1985.

http://www.geocities.com/rosapomar/mattoso_ricos-homens_infancoes_e_cavaleiros.htm

Problemas? - Comentários

1999-10-03 - Divulgación especializada

seguintes (11-20)

Páxina inicial da História da Galiza

O sistema feudal

A propriedade da terra constitui o elemento de diferenciación social que provoca a necesidade de pedir protección. Esta protección paga-se encomendando terrenos próprios ou cedendo-os como pagamento de rendas; asi vai-se consagrando o sistema de priviléxios nobiliárquicos. A comezos do XIII produce-se o renascimento -ou nascimento- das cidades, relacionado co camiño francés (Porto-Marin, Melide, Arzua), as actividades mariñeiras (A Guarda, Baiona, Redondela, PonteVedra, Muros, Noia, Padrón, Coruña, Betanzos, Viveiro, Ribadeu), as sedes episcopais (Mondoñedo, Ourense), e outras (Ribadávia).

À beira das catedrais e dos ses cabidos aparecen os conventos das ordes mendicantes, dominicos (Santiago, Ribadávia, Tui, Lugo, Coruña, PonteVedra, Viveiro, Ortigueira) e franciscanos/clarisas (Santiago, Coruña, Ribadeu(?), Viveiro, Lugo, Ourense, PonteVedra, Betanzos, Monterrei, Noia, Póvoa do Deán, Herbón, Vilabade-CastroVerde, Allariz).

À fronte dos concellos figuran os xuíces; están logo os correxedores (de carácter real) e xustizas maiores (de carácter eclesiástico) e finalmente os alcaides e rexedores, escolleitos entre os fidalgos locais e os comerciantes. Para o conxunto, desde 1231 existirá o cargo de Meiriño Maior ("Adelantado Mayor de Galicia", ligado à família dos Castro) con funcións governamentais, económicas, financeiras e xudiciais, co auxílio dos meiriños menores, dos oficiais reais e da maxistratura.


Pré-história

Cuaternário
Paleolítico
Neolítico
Megalitismo
Os metais: o cobre e o bronce
As gravuras rupestres

Idade Antiga

Os metais: o ferro
Descricións de viaxeiros
A cultura castrexa
A romanización
A cristianización

Idade Média

Os reinos xermánicos
O sistema feudal
Os reinos medievais
O sepulcro de Compostela
Os normandos
Os irmandiños

Idade Moderna

Instituizóns de governo
A economia moderna
Os pazos
A Igrexa

Idade Contemporánea

Crise do Antigo Rexime e nascimento das ideoloxias
O galeguismo
A economia contemporánea
O rexime demográfico
O século XX até a II República española
Guerra civil e franquismo
O Estatuto de autonomia
 

Histórias locais
Museus e arquivos
Organizacións
Outras histórias
Cronoloxias e sínteses
Biografias
Publicacións electrónicas
Historiografia
Respostas breves
Curiosidades


Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez





© (2002) A História da Galiza
Enderezo: galizaweb.net/historia
Correo: hdg@galizaweb.net

Páxina inicial
Sobre este sítio