A história da Galiza

Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez

À páxina inicial



O Império Romano caíu baixo a presión dos movimentos migratórios xermanos. A comezos do século V, tres destes povos repartíron-se a Península Ibérica através de foedus e a Gallaecia pasou asi en 411a maos de suevos e vándalos asdingos (que posteriormente a abandonarian). Os suevos, dado o seu escaso número, concentraron-se no território que arrodea Braga. Logo dunhas décadas de dedicación ao bandoleirismo, os suevo-galaicos entran na órbita dos visigodos (chegados à Península co propósito de conté-los) para seren incorporados a este reino xermánico en 585. A feudalización da sociedade xa ía avanzada cando o reino visigodo foi destruído pola invasión musulmana de 711. En 813, o bispo Teodomiro anúncia a descoberta do sepulcro do apóstolo Iago.

O fin do primeiro milénio ve certo crescimento demográfico e a repovoación de zonas cada vez máis ao sul, através do sistema de "presura". A comezos do segundo teñen lugar os ataques viquingos. Desde o século IX comezan a aparecer pequenos núcleos rurais chamados "vilas", acompañados de "vilares" e "casais", característicos todos eles do hábitat disperso. De comezos do XIII data o proceso urbanizador. As instituizóns eclesiásticas atinxen un notório poder -as catedrais nas cidades e os mosteiros bieitos e cluniacienses no campo.

Durante todo este período, as terras van-se concentrando en maos de grandes proprietários (que, debido á acusada diseminación dos prédios, non teñen "grandes propriedades") e o número de pequenos proprietários vai-se reducindo. Unha parte dos domínios señoriais explotan-na directamente os señores através dun "villicus"; a outra parte por meio de servos e colonos. Incrementan-se os arroteamentos e intensifica-se a horticultura; reduce-se o barbeito coa rotación trienal, introduce-se o vesadoiro, usa-se máis o ferro nos apeiros agrícolas e aparecen as aceas.

O reino de Galiza pasa progresivamente a depender dos ámbitos astur-leonés e posteriormente castelán-leonés até que, desgastada a sua nobreza en conflitos dinásticos, esmorece a sua capacidade de actuación. Depois das terríbeis fames e pestes do século XIV, a conflitividade social aumenta no XV e provoca as revoltas irmandiñas (1431-1469).

Hai cinco referéncias.


Lista de reis da Galiza

"Galiza celta"

http://www.simil.com/galizacelta/galego/galiza_reis.htm

Problemas? - Comentários

1999-08-23 - Divulgación xeral


Mapa do suloeste europeu arredor do ano 500

http://www.salve.edu/~romanemp/souest5.htm

Problemas? - Comentários

1999-12-12 - Divulgación especializada


Mapa do suloeste europeu no ano 1500

http://www.salve.edu/~romanemp/souest15.htm

Problemas? - Comentários

1999-12-12 - Divulgación especializada


Mapa do suloeste europeu no ano 600

http://www.salve.edu/~romanemp/souest6.htm

Problemas? - Comentários

1999-12-12 - Divulgación especializada


Mapa do suloeste europeu no ano 700

Son mapas moi xerais e limitados.

http://www.salve.edu/~romanemp/souest7.htm

Problemas? - Comentários

1999-12-12 - Divulgación especializada


Páxina inicial da História da Galiza

Os reinos xermánicos

Os suevos entraron no noroeste peninsular seguindo a costa e evitando a zona de León, para evitaren asi enfrontamentos coa milí­cia romana. De vida itinerante, estaban dirixidos por unha aristocrácia guerreira e preferian-se asentar no meio rural e non nas cidades ou vilas. Coa tomada de Lugo, os xermánicos adquiren o controlo definitivo da província. A cultura material non diferirá moito da galaico-romana.
Entre 429 e 456 emprenden expedicións de saqueo fora; coa derrota no rio Órbigo, pasan à área de influéncia visigoda, à que se incorporan definitivamente no 585. Converten-se ao catolicismo no 449 reinando Requiário, ainda que non moito depóis tornarian ao arrianismo ao entraren na órbita visigótica, para voltaren por fin à ortodóxia coa conversión do rei Teodomiro no 559 en tempos do bispo Martiño de Dúmio.
Vários autores destacan na época: Paulo Orósio coñeceu a Agostiño de Hipona e a San Xerome e escrebeu Historiarum adversus Paganos Libri VII; Hidácio, orixinário da Límia e bispo de Chaves desde 427, é autor do Chronicon, que chega até o ano 469; Martiño de Dúmio, orixinário da Panónia escrebe De correctione rusticorum, obra de catequese pedagóxico-moral, e o Parrochiale Suevum (572-582); Frutuoso de Braga, xa no século VII, redixe a Regula Monachorum e a Regula Monastica communis, que perfilan o modelo de mosteiro agrícola xermánico-galaico.


Pré-história

Cuaternário
Paleolítico
Neolítico
Megalitismo
Os metais: o cobre e o bronce
As gravuras rupestres

Idade Antiga

Os metais: o ferro
Descricións de viaxeiros
A cultura castrexa
A romanización
A cristianización

Idade Média

Os reinos xermánicos
O sistema feudal
Os reinos medievais
O sepulcro de Compostela
Os normandos
Os irmandiños

Idade Moderna

Instituizóns de governo
A economia moderna
Os pazos
A Igrexa

Idade Contemporánea

Crise do Antigo Rexime e nascimento das ideoloxias
O galeguismo
A economia contemporánea
O rexime demográfico
O século XX até a II República española
Guerra civil e franquismo
O Estatuto de autonomia
 

Histórias locais
Museus e arquivos
Organizacións
Outras histórias
Cronoloxias e sínteses
Biografias
Publicacións electrónicas
Historiografia
Respostas breves
Curiosidades


Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez





© (2002) A História da Galiza
Enderezo: galizaweb.net/historia
Correo: hdg@galizaweb.net

Páxina inicial
Sobre este sítio