A história da Galiza

Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez

À páxina inicial



A indoeuropeización do cuadrante norocidental da Península Ibérica durante o Bronce foi continuada por elementos se cadra célticos durante a Idade do Ferro, a partir do século VI a.C. Aparece asi a cultura castrexa, caracterizada polos castros ou citánias, povoados fortificados sen a penas urbanismo. Esta área cultural ten o seu limite oriental no Návia e o Berzo e o meridional no Douro. Non se deu en nengun momento un proceso de construción de entidades de tipo estatal, xa que se trataba dunha sociedade de tipo xentilício. Da lenta fusión por aculturación entre os mundos castrexo e provincial romano surxe a cultura galaico-romana.

As principais fontes que descreben este território durante o primeiro milénio son Estrabón, Plínio e Ptolomeu. Romanos e galaicos entraron en contacto con motivo da expedición punitiva de Decimus Iunius Brutus en 137 a.C., como un episódio das Guerras Lusitanas. Máis determinante foi a intervención de Augusto durante as suas Guerras Cántabras, momento no que se acentua a romanización. O território pertenceu pimeiro à província de Lusitánia, logo à Tarraconensis e finalmente constituiu-se a Gallaecia, xa no século III. Esta dividiu-se en tres conventos (demarcacións) xurídicos: bracarense, lucense e asturicense. O latin foi substituindo as línguas anteriores nun proceso que remataria provabelmente no século III d.C.

Os meios de subsisténcia continuáron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da villa romana, residéncia rural de luxo e explotación agrícola a un tempo, que se expanderia a partir do século III; doutra, o aproveitamento de minas, en especial de ouro, que decaeria no século II. Nas minas haberia escravos, mais as villae serian atendidas por colonos. A estrutura social castrexa perviviria longo tempo en forma de aristocracia indíxena romanizada e de poboación rural.

Na Gallaecia o cristianismo foi introducido serodiamente, a meados do século III, por soldados da Legio VII Gemina. Un episódio notório foi a difusión do priscilianismo a fins do século IV.

Hai 26 referéncias. Mostran-se da 1 à 10.

seguintes ->

A sociedade castrexa

http://www.asturies.com/belenos/memoriacelta/hestoria14.htm

Problemas? - Comentários

2000-11-08 - Divulgación xeral


As escavacións galego-portuguesas no mundo castrexo no contexto dos intercambios culturais e científicos neste século

Fernando Acuña Castroviejo. e-castrexo.

http://www.aaviladonga.es/e-castrexo/ga/mcmmp29.htm

Problemas? - Comentários

2000-01-15 - Investigación


Castellum de Citofacta

Comentários sobre a documentación medieval e moderna do Castellum de Citofacta, en Lérez. Artigo de Xosé Abilleira Sanmartín para a revista Cedofeita.

http://members.nbci.com/_XMCM/cedofe/comenta.htm

Problemas? - Comentários

2000-10-01 - Divulgación especializada


Castro de Baroña

http://teleline.terra.es/personal/arealo/inicio_castro.htm

Problemas? - Comentários

2000-01-15 - Divulgación xeral


Castro dos Prados

en Espasante, Ortegal. Castro costeiro romanizado cunha das duas únicas pedras formosas existentes en Galiza, achada no segundo nível de habitación. Artigo de Emílio Ramil para o número 1 da revista Arrós.

http://www.ctv.es/USERS/davcor/contenido/patrimonio/castro.htm

Problemas? - Comentários

2000-09-30 - Divulgación especializada


Castromao

O castro de Castromao, perto de CelaNova, tivo duas épocas de ocupación principais: do século V até o II aC e do I dC en diante. Abondoso material, incluída unha tessera hospitalis do 132.

http://castrexo.spedia.net/

Problemas? - Comentários

2000-09-30 - Divulgación especializada


Castros da província da Coruña

Xacobeo SA. Rota turística que inclui Castro de Elviña, Dolmen de Dombate, Castro Borneiro, Dolmen de Pedra Coberta e unha listaxe de castros da província.

http://www.xacobeo.es/servicios_gall/gcast_cor.htm

Problemas? - Comentários

1999-08-19 - Divulgación xeral


Castros da província de Lugo

Xacobeo SA. Rota turística polos castros de Viladonga e Fazouro. Pequena listaxe de castros da província de Lugo.

http://www.xacobeo.es/servicios_gall/gcast_lug.htm

Problemas? - Comentários

1999-08-19 - Divulgación xeral


Castros da província de Ourense

Xacobeo SA. Rota turística polos castros de San Cibrao de Lás e Castromao. Pequena listaxe de castros da província de Ourense.

http://www.xacobeo.es/servicios_gall/gcast_ore.htm

Problemas? - Comentários

1999-08-19 - Divulgación xeral


Castros da província de Pontevedra

Xacobeo SA. Rota turística polos castros de Santa Tegra e Troña. Pequena listaxe de castros da província de Pontevedra.

http://www.xacobeo.es/servicios_gall/gcast_pon.htm

Problemas? - Comentários

1999-08-19 - Divulgación xeral

seguintes (11-20)

Páxina inicial da História da Galiza

A cultura castrexa

Recebe o nome do asentamento típico, unha vila con vivendas de formas redondeadas no seu interior e unha muralla defensiva. A metade están localizados en ladeiras e unha cuarta parte nas cumieiras de outeiros; hai-nos en meandros e chairas e un número reducido en penínsulas e illas. Polo xeral, os castros ocupan terrenos de val, en conexión con terras produtivas para a agricultura e con boa visibilidade sobre o contorno.
O recinto superior (croa) rodea-se de socalcos, nos que se situan as construcións. Cada unha destas partes pode estar limitada por murallas, parapetos ou foxos. Às veces existe un antecastro, tamén amurallado mais sen construcións. As murallas non cumprian necesariamente unha función defensiva, senón que constituian, ademáis do limite da zona urbanizada, unha manifestación da riqueza dos seus habitantes.
No milénio no que se extende a cultura castrexa distinguen-se catro etapas: formación (VIII-V), desenvolvimento (V-I), apoxeu (I aC-meados do I dC) e romanización e declínio. Calcula-se a existéncia duns 3.000, dos que entre a metade e os dous tércios estaban habitados simultaneamente no cámbio de era.
Durante a Idade do Ferro non se coñecen asentamentos abertos, sen fortificar - os castros son o modelo de asentamento xeralizado. Descoñecen-se tamén os costumes funerários dos castrexos.


Pré-história

Cuaternário
Paleolítico
Neolítico
Megalitismo
Os metais: o cobre e o bronce
As gravuras rupestres

Idade Antiga

Os metais: o ferro
Descricións de viaxeiros
A cultura castrexa
A romanización
A cristianización

Idade Média

Os reinos xermánicos
O sistema feudal
Os reinos medievais
O sepulcro de Compostela
Os normandos
Os irmandiños

Idade Moderna

Instituizóns de governo
A economia moderna
Os pazos
A Igrexa

Idade Contemporánea

Crise do Antigo Rexime e nascimento das ideoloxias
O galeguismo
A economia contemporánea
O rexime demográfico
O século XX até a II República española
Guerra civil e franquismo
O Estatuto de autonomia
 

Histórias locais
Museus e arquivos
Organizacións
Outras histórias
Cronoloxias e sínteses
Biografias
Publicacións electrónicas
Historiografia
Respostas breves
Curiosidades


Novidades

Listaxe dos reis de Galiza
O camiño de Santiago, na web do Xacobeo
Antonio Rosón Pérez





© (2002) A História da Galiza
Enderezo: galizaweb.net/historia
Correo: hdg@galizaweb.net

Páxina inicial
Sobre este sítio