|
A indoeuropeización do cuadrante norocidental da PenÃnsula Ibérica durante o Bronce foi continuada por elementos se cadra célticos durante a Idade do Ferro, a partir do século VI a.C. Aparece asi a cultura castrexa, caracterizada polos castros ou citánias, povoados fortificados sen a penas urbanismo. Esta área cultural ten o seu limite oriental no Návia e o Berzo e o meridional no Douro. Non se deu en nengun momento un proceso de construción de entidades de tipo estatal, xa que se trataba dunha sociedade de tipo xentilÃcio. Da lenta fusión por aculturación entre os mundos castrexo e provincial romano surxe a cultura galaico-romana. As principais fontes que descreben este território durante o primeiro milénio son Estrabón, PlÃnio e Ptolomeu. Romanos e galaicos entraron en contacto con motivo da expedición punitiva de Decimus Iunius Brutus en 137 a.C., como un episódio das Guerras Lusitanas. Máis determinante foi a intervención de Augusto durante as suas Guerras Cántabras, momento no que se acentua a romanización. O território pertenceu pimeiro à provÃncia de Lusitánia, logo à Tarraconensis e finalmente constituiu-se a Gallaecia, xa no século III. Esta dividiu-se en tres conventos (demarcacións) xurÃdicos: bracarense, lucense e asturicense. O latin foi substituindo as lÃnguas anteriores nun proceso que remataria provabelmente no século III d.C. Os meios de subsisténcia continuáron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da villa romana, residéncia rural de luxo e explotación agrÃcola a un tempo, que se expanderia a partir do século III; doutra, o aproveitamento de minas, en especial de ouro, que decaeria no século II. Nas minas haberia escravos, mais as villae serian atendidas por colonos. A estrutura social castrexa perviviria longo tempo en forma de aristocracia indÃxena romanizada e de poboación rural. Na Gallaecia o cristianismo foi introducido serodiamente, a meados do século III, por soldados da Legio VII Gemina. Un episódio notório foi a difusión do priscilianismo a fins do século IV. |